OLA NENOS E NENAS


Como estades? Quero popoñervos unha actividade para practicar a escritura, pode ser escrita a man ou a ordenador.

Como estes días temos que estar na casa e non sabemos moito de todos os compañeiros, podemos escribir unha redacción ou unha carta onde lle contemos aos demais como estamos pasando estes días, que estamos facendo, se temos ganas de volver ao cole... ou calquera outra cousa que vos apeteza compartir con nós. Tamén podedes facer algún debuxo.

Despois, se queredes, pedídeslle axuda a algún maior para que vos axude a enviala a    2aocoto@gmail.com . 
Segundo vaia recibindo as vosas redaccións ou cartas, ireinas colgando no blog para que todos os compañeiros e compañeiras as poidan ver. Tamén podemos deixar comentarios para dicirlles canto nos gustan!

IMPORTANTE: para poder subilo ao blog é preferible que o enviedes como unha imaxe JPG ou PDF.

Animádevos a escribir! 😉





Comentarios

Entradas populares de este blog

Despedida

Tarta de queixo

SNAPPET

AVISO IMPORTANTE: AVALIACIÓN!!

Proposta de traballo para a semana do 27 de abril ao 3 de maio