Ola a tod@s.

Como ben sabedes imos estar uns días sen poder acudir ao centro, polo que decidín crear este blog para poder ir colgando traballos que poden ir realizando os nenos e nenas desde a casa.

Ademais de rematar os libros do 2º trimestre que enviei para a casa; é moi importante que os nenos lean tódolos días, polo que poden facer as lecturas dos libros de texto; tamén é importante  que repasen as táboas de multiplicar que aprendimos ata agora e practicar o cálculo: sumas, restas, problemas...

Oxalá poidamos estar de volta pronto, mentras tanto manterémonos en contacto por aquí.

Coidádevos moito!

Un abrazo

                                     María Balado

Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballos varios

Máis actividades

Proposta de traballo semana 25-31 maio

Despedida