Canto vos botei de menos!!

Queridos nenos e nenas:
xa estou de volta con todos vós!! Qué ganas tiña, aínda que non nos podamos ver pronto nos daremos unha aperta desas que tantas veces achucharon a miña barrigola.
Decídeme unha cousa, sabedes como se fan as celebracións aquí en Galicia? COMENDO!!!

Seguro que nestos días, comestes un montón de cousas e axudastes a cociñar moito na casa.
Propóñovos unha cousa: buscades unha receita, a que máis vos guste e compartidela con nós. Podedes escribila a man, ou a ordenador e facer un debuxiño ou mesmo enviar unha foto ao correo ( 2aocoto@gmail.com), medidas, ingredientes... e deixádenos o paso a paso.
con axuda dalgún adulto,da vosa receita xa feita! Acordádevos de apuntar todo aquilo que sexa importante para facer ben a receita,
Quen sabe se algún pode probar unha receita nova e estar un pouquiño máis preto de todos!

Xa se me está facendo a boca auga!

Agora ben, non hai boa cociña sen unha boa música!! Cantamos e bailamos xuntos??
Deixovos aquí a canción do pan de Mamá Cabra


https://www.youtube.com/watch?v=V9NUZgbHZho&list=RDvDIz86-zfzg&index=23

Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballos varios

Máis actividades

Proposta de traballo semana 25-31 maio

Despedida