DESPEDIDA DA PROFE

PARA A CLASE DE 2º A


Queridos nenos e nenas:


O próximo luns volve a profe Noemí, tras rematar a súa baixa; así que será ela a que desde a  próxima semana traballe con vós desde a casa.

Eu estou moi contenta por habervos coñecido  e por poder pasar todos estes meses con vós. Encantoume todo o que aprendimos xuntos, o que nos divertimos e ata o que nos enfadamos; aínda que os enfados se nos pasasen pronto 😉.

Sodes unha clase xenial! Espero que vos sigades apoiando os uns aos outros e axudando aos compañeiros cando o precisen.

Dame moita pena ter que despedirme sen que nos poidamos dar todos un gran abrazo, deses que tanto nos gustan, pero quen sabe, quizais nos volvemos a encontrar polo cole ou calquera outro sitio.

Seguide sendo tan máxicos e especiais como sodes.

UN ABRAZO E UN BICO ENORME PARA CADA UN DE VÓS. 💗💗💋💋

                                                                 MARÍA





Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballos varios

Máis actividades

Proposta de traballo semana 25-31 maio

Despedida