Proposta de traballo para a semana do 27 de abril ao 3 de maio


Bos días a todos e a todas! Hoxe envíovos a proposta de traballo para esta semana. Recordarvos que para o uso das libretas hai que seguir varias pautas: 
- Poñer a data e despois deixar unha liña no medio antes de comezar a escribir e entre exercicios.
- Recordade poñer maiúscula ao principio e puntiño final.

Recordovos que todas estas actividades son voluntarias e que tanto os experimentos, como as descricións ou a maqueta de sociais, tamén son voluntarias e se queredes podedes enviarme fotos dos vosos resultados ao correo para que as compartamos con todos os compañeiros!
 Seguide atentos que esta semana teremos receitas!!
Unha aperta

Mates: realizar as páxinas 150, 151, 154 e 155. A tabla do 6 xa a tiñades posta por María, recordade aprendelas de memoria e tamén de xeito salteado, podedes escribilas, decilas en alto, seguro que coa axuda dalgún adulto será máis entretenido.
Para practicar coas monedas e billetes, por qué non montades unha tenda na casa? Xa que fai moito que non imos ao súper é un bo xeito de ir practicando!
Na libreta de cuadrícula facedes o ditado de números, que algún adulto vos faga un ditado duns 10 números, que poden chegar ata o 999.
Ademáis deixovos unhas contas para facer tamén na libreta.


Lingua: realizar as páxinas 132,133, 134 e 135 do libro do 3º trimestre.
Déixovos un vídeo explicativo do que é o adxectivo.
Como proposta parao caderno propoñovos que fafades unha pequeña descrición do voso xoguete favorito.

Lengua: realizar as páxinas 162, 163 e a lectura 164,165 coa comprensión da páxina 166.
A continuación no caderno de pauta faremos o seguinte exercicio:
·         Identifica los pronombes y cambialos por nombres en estas oraciones:
-      Él hizo una jugada espectacular.
-      Nosotros no queremos ir al cine.
-      Ellas han traído sus bicis.
-      Os toca tirar a vosotros.
-      Yo empezaré a repartir

Sociais: realizar páxinas 80, 81, 82 e 83. Deixovos a continuación un vídeo explicativo e unha proposta.

Qué vos parece se facemos unha maqueta do Sistema Solar? Nas páxinas do libro véñenvos uns pequenos pasos para ir facendo o reto. Non é necesario que esta listo esta semana, é un gran proxecto asíque sen presa!

Naturais: realizar as páxinas 78,79,80 e 81. Déixovos o enlace a un vídeo explicativo por se tedes algunha dúbida. Como proposta a maiores, que vos parece se facemos un experimento? Deixovos unha proposta nun pdf aparte.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Traballos varios

VÍDEO DOS PROFES

Canto vos botei de menos!!

DESPEDIDA DA PROFE

Máis actividades