SNAPPET





Boas tardes, familias!

Hoxe escríbovos para propoñervos unha nova maneira de traballar complementaria ás planificacións que se vaian propoñendo, coma sempre, no “blogue”.
Trátase da aplicación Snappet.

  • QUE É SNAPPET?:


É unha aplicación que xa utilizan moitas escolas durante todo o curso. Normalmente é de pago, mais nestes tempos de confinamento temos a oportunidade de traballar con ela de maneira gratuita. E debemos aproveitala.
É unha aplicación con contidos organizados da mesma maneira que as editorias que traballamos na escola e á que podedes acceder desde a vosa Tablet, ordenador ou teléfono móbil. Se podedes elixir, recomendo a Tablet posto que é xustamente para o que está pensado.

COMO O UTILIZAREMOS?

  • LUNS: 

Os luns, como sabededes, colgarei no blogue propostas de actividades dos libros de texto, fichas, propostas para os cadernos de raias e de pauta, vídeos, xogos… Tal e como se foi facendo estas semanas.


  • MÉRCORES:

E os mércores, subirei en SNAPPET bloques de actividades tanto de repaso (unidades xa dadas durante o primeiro e segundo trimestre) coma outros bloques de tarefas do que estemos a traballar xustamente nese momento. Traballaremos as áreas de Lengua, Lingua e Matemáticas. Enviarei actividades (leccións) tódolos mércores e estarán dispoñibles ata o mércores seguinte. Logo borraranse e aparecerán outras novas. Sempre de mércores a mércores polo que é importante que durante os 7 días fagades as tarefas, posto que despois eliminaranse.
Son actividades online moi intuitivas de facer, moi prácticas e que serven de reforzo e repaso dos contidos dos nosos libros dándolle un toque máis lúdico.


COMO ENTRAMOS?

Para entrar debedes escribir no navegador https://alumno.snappet.org/
A continuación escribides o voso usuario e contrasinal que volo mandarei estes días por ABALAR MÓBIL posto que cada un ten o seu (revisádeo e se non vos chega antes do mércores, mandádeme unha mensaxe).
Unha vez que entredes, veredes as diferentes asignaturas. Entrades na que queirades facer e comezades a facer as leccións que vos aparezan.

COMO FACER OS EXERCICIOS?

É importante comezar SEMPRE desde a actividade 1a e, desde esa, facer tódalas actividades seguidiñas, sen saltar dunha para outra. Deste xeito, estaremos comezando polos máis sinxelos e iremos subindo o nivel.
Unha vez que na pantalla vos digan que rematastes o EXERCICIO 2 veredes debaixo un cadro vermello co símbolo de sumar “SEGUIR PRACTICANDO”. Entrades niso, e aí a propia aplicación adapta os seguintes exercicios ao voso nivel. Isto é, se vos saíron moi ben os exercicios anteriores comúns a tódolos nenos, proporanse exercicios de máis nivel e se vos saíron peor, sairán actividades de repaso e reforzo.
Deste xeito, Snappet estase adaptando ao nivel de tódolos alumnos (ampliando ou reforzando).
Cando falledes algunha tarefa, non a fagades máis de dúas veces. Posto que, como acabo de explicar, finalmente haberá actividades adaptadas.
Lembrade que se trata dunha aplicación polo que, sobre todo nas áreas de Lengua e Lingua vai a ser meticuloso coa ortografía. Se escribimos con faltas non nos vai dar a resposta por ben.
Esta aplicación, permíteme a min ver en tempo real o que ides facendo e en que fallades. Aínda que, como sabedes, considero todas estas tarefas totalmente voluntarias.
Hai un apartado de actividades que se titulan “reforzo”. Non as fagadesVós empezade sempre pola actividade 1a e cando acabedes o exercicio 2 dádeslle ao cadro vermello de “seguir practicando”. Sen máis.

RESUMO:

  1. -          Entramos na web de Snappet (desde Tablet, ordenador ou móbil. Recomendo a Tablet)
  2. -          Metemos usuario e contrasinal
  3. -          Entramos na asignatura que queremos traballar e en LECCIONES RECIBIDAS ou PLAN DE LECCIÓNS
  4. -          Entramos desde a actividade 1a e imos todo seguidiño (moi importante)
  5. -          Cando rematamos o EXERCICIO 2, dámoslle ao cadro vermello de “seguir practicando”
  6. -          Non facer o apartado “reforzo” (moi importante)

Déixovos un titorial en pdf.



Trátase de combinar o traballo escrito nos libros e nos cadernos de pauta e cadros coas tarefas online de Snappet. É voluntario, pero recomendo facelo. Paréceme unha ferramenta moi dinámica e coa que podemos repasar de maneira interactiva unha morea de contidos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Despedida

Tarta de queixo

AVISO IMPORTANTE: AVALIACIÓN!!

Proposta de traballo para a semana do 27 de abril ao 3 de maio