Snappet

Bos días a todos!

Acabo de activar en Snappet varias leccións novas, vades a ver que son bastantes, isto non quere dicir que haxa que facer todo, activeivos o que me parecía ben para ver que tal algunhas cousas xa que eu non estiven con eles en todo o curso.
Son cousas de repaso, asíque podedes ir facendo de xeito VOLUNTARIO o que vaiades vendo. Sempre é mellor facelo seguidiño porque levan unha orde, pero deixoo un pouco ao voso criterio. Esta semana activeivos máis cousas de lingua, a que ven será ao revés, máis de lengua e algún repasiño de lingua.

Se tedes algunha dúbida, por favor, poñedevos en contacto conmigo para o que sexa.

Lánzovos unha pregunta? Como levades o traballo que vos puxen o luns, parecevos moito, pouco, ben? Decídeme o que sexa, e non quero que esteades agobiados, así poñemonos de acordo e facémolo adaptándonos ao que necesitedes.
Unha aperta

Comentarios

Entradas populares de este blog

Coulant de chocolate!

VÍDEO DOS PROFES

Canto vos botei de menos!!

SNAPPET

Albóndigas de carne!

Tortilla de patacas e iogur con noces e mel!