Entradas populares de este blog
Máis invitacións
Traballos varios
Aquí vos deixo máis cousiñas que me ides mandando! Coma sempre un traballo xenial!! Invitación de Izan Cartel de Aitana Cartel de Saray Árbore de Saray Desplastifícate de Daniela Invento de Daniela Experimentos de Daniela Cartel de Daniela Cartel de Uxía Desplastifícate de Uxía Árbore xenealóxica de Uxía Simetría de Uxía Invento de Uxía Botella de lava,para decorar e coñecer os materias solubles e insolubles. Precisamos unha botella vacía e limpia,aceite,auga, colorante alimentario e pastilla efervescente. Enchemos 3/4 da botella de aceite,1/4 de auga,botamos o colorante e remaxemos,introducimos a pastilla efervescente dentro da botella,tapamos e listo.
Máis actividades
Máis cousiñas
Proposta de traballo semana 25-31 maio
MÁIS CARTAS! Cómo estades? Espero que ben. Hoxe escribíronnos os nosos compañeiros María e Alex, que nos contan canto están traballando e como se están divirtindo estes días. Gracias Alex e María por escribirnos e contarnos o que estades a facer durante este tempo; xa vemos que estades a traballar e a xogar moito. Seguide así! Un bico enorme . 😍😍 CARTA DE MARÍA CARTA DE ALEX
Despedida
Queridos nenos, nenas, familias. Hoxe é o noso último día "xuntos". Nunca pensei ter que despedirme solo con palabras, non entendo a vida sen as mostras de afecto, sen as apertas. Aquí remata o noso camiño xuntos, pero isto non é unha despedida de verdade, porque sei que poderei desfrutar das vosas risas aínda que sea no patio. Non quería rematar este curso sen darvos as GRAZAS, así en maiúsculas, por remar sempre a favor, por poñelo todo da vosa parte, por entender sempre as mil circunstancias que ten a vida, e xa nin que decir desta situación que nos removeu a todos. Aprendín tanto de vós, os meus nenos ( porque sempre seredes un pouquiño meus), nunca pensei recibir tanto cariño e nin que decir de todo o que coidastes a Sergio dende a miña barriga. Para min quedan eses momentos nos que vos devolvía algo dese cariño con algunha patadiña. Agora só quero dicirvos que estou orgullosa de todo o que fixestes, do fortes que sodes e do ben que levastes todo isto. Non me esquezo da...
OLA NENOS E NENAS Como estades? Quero popoñervos unha actividade para practicar a escritura, pode ser escrita a man ou a ordenador. Como estes días temos que estar na casa e non sabemos moito de todos os compañeiros, podemos escribir unha redacción ou unha carta onde lle contemos aos demais como estamos pasando estes días, que estamos facendo, se temos ganas de volver ao cole... ou calquera outra cousa que vos apeteza compartir con nós. Tamén podedes facer algún debuxo. Despois, se queredes, pedídeslle axuda a algún maior para que vos axude a enviala a 2aocoto@gmail.com . Segundo vaia recibindo as vosas redaccións ou cartas, ireinas colgando no blog para que todos os compañeiros e compañeiras as poidan ver. Tamén podemos deixar comentarios para dicirlles canto nos gustan! IMPORTANTE : para poder subilo ao blog é preferible que o enviedes como unha imaxe JPG ou PDF . Animádevos a escribir! 😉


Comentarios
Publicar un comentario