Snappet
Bos días a todos e todas!
Xa tedes novas leccións subidas a Snappet. Quero aclarar varias cousas para a utilización de esta ferramenta.
Como vedes subo bastantes leccións, ás veces pode ser que os exercicios dunha lección sexan un pouco repetitivos pero é que non podo elexir uns exercicios si e outros non, só podo enviarvos a lección completa.
A miña idea con isto de Snappet é que teñades unha ferramenta máis para traballar dun xeito diferente que xa sabedes que a través de tablet/ordenador/móbil todo é moito máis divertido, pero isto non quere dicir que teñades que facelo todo!!
Como os pdf de repaso que vos mando isto son complementos, eu non estou con eles, asíque agora vós tendes máis información ca min e podedes saltar todo aquelo que vexades que xa teñen dominado.
Por exemplo, en Snappet hai unha lección de onomatopeyas e outra de diminutivos e resulta que abúrrese coas onomatopeyas porque xa as sabe pero os diminutivos cóstanlle máis. Pois saltades as onomatopeyas e facedes os diminutivos solo, non pasa absolutamente nada, eu prefiro que repasen o que máis necesitan, xa haberá tempo de seguir avanzando, vale?
Outra das cousas que me dicides é que ás veces hai exercicios que polas características da tablet, por exemplo, non podedes completar ben o exercicio e di que está mal. Pois neste caso, podedes escribirme polo chat que vos aparece alí e me poñedes por exemplo "a tarefa 2e da unidade 1 de lingua dame fallo", e así cando eu revise os resultados xa sei que a boliña está vermella pero debería estar verde en realidade.
E, como sempre vos digo, se tedes dúbidas con algún contido, ou hai algo que non entendan, ou lles coste máis, decídemo porque facemos unha videochamada, un video, un audio..o que sea!! Non vos quededes con ningunha dúbida por favor, se vos parece máis incómodo o correo e o necesitades ou preferides, mandademe unha mesaxe e pásovos o meu número, vale?
Ánimo que xa nos queda menos! Estadelo facendo todos xenial, os nenos sobre todo, pero os papis sodes uns campións!! Grazas por facelo fácil!!

Comentarios
Publicar un comentario