Queridos nenos, nenas, familias. Hoxe é o noso último día "xuntos". Nunca pensei ter que despedirme solo con palabras, non entendo a vida sen as mostras de afecto, sen as apertas. Aquí remata o noso camiño xuntos, pero isto non é unha despedida de verdade, porque sei que poderei desfrutar das vosas risas aínda que sea no patio. Non quería rematar este curso sen darvos as GRAZAS, así en maiúsculas, por remar sempre a favor, por poñelo todo da vosa parte, por entender sempre as mil circunstancias que ten a vida, e xa nin que decir desta situación que nos removeu a todos. Aprendín tanto de vós, os meus nenos ( porque sempre seredes un pouquiño meus), nunca pensei recibir tanto cariño e nin que decir de todo o que coidastes a Sergio dende a miña barriga. Para min quedan eses momentos nos que vos devolvía algo dese cariño con algunha patadiña. Agora só quero dicirvos que estou orgullosa de todo o que fixestes, do fortes que sodes e do ben que levastes todo isto. Non me esquezo da...
Siguen chegando receitas, deixovos por aquí a que nos envía Gabriel! Unha TARTA DE QUEIXO que ten moi boa pinta. A verdade é que me estou levando moitas sorpresas con vós! Gracias Gabriel! Esta si que ma gardo eu para a miña colección!! E como usades tantos ingredientes, preguntachedeslles as vosas nais cal é o ingrediente secreto que usan?? A ver se vos fijades no que usa esta galiña cociñeira que atopei!!
Boas tardes, familias! Hoxe escríbovos para propoñervos unha nova maneira de traballar complementaria ás planificacións que se vaian propoñendo, coma sempre, no “blogue”. Trátase da aplicación Snappet. QUE É SNAPPET?: É unha aplicación que xa utilizan moitas escolas durante todo o curso. Normalmente é de pago, mais nestes tempos de confinamento temos a oportunidade de traballar con ela de maneira gratuita. E debemos aproveitala. É unha aplicación con contidos organizados da mesma maneira que as editorias que traballamos na escola e á que podedes acceder desde a vosa Tablet, ordenador ou teléfono móbil. Se podedes elixir, recomendo a Tablet posto que é xustamente para o que está pensado. COMO O UTILIZAREMOS? LUNS: Os luns, como sabededes, colgarei no blogue propostas de actividades dos libros de texto, fichas, propostas para os cadernos de raias e de pauta, vídeos, xogos… Tal e como se foi facendo estas semanas. MÉRCORES: E os mé...
Aquí vos deixo o enlace a un caderno de MATEMÁTICAS que podedes ir facendo estes días. https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32_U1_U101_U2
AS CARTAS DOS NOSOS COMPIS!! Hoxe tráiovos as cartas que nos escribiron Gael e Sofía, onde nos contan como están pasando estes días. Moitas gracias chicos por contarnos o que estades facendo e acordarvos de nós. Son moi chulas! Un bico moi grande!😍😍 CARTA DE GAEL CARTA DE SOFÍA
Bos días a todos e a todas! Hoxe envíovos a proposta de traballo para esta semana. Recordarvos que para o uso das libretas hai que seguir varias pautas: - Poñer a data e despois deixar unha liña no medio antes de comezar a escribir e entre exercicios. - Recordade poñer maiúscula ao principio e puntiño final. Recordovos que todas estas actividades son voluntarias e que tanto os experimentos, como as descricións ou a maqueta de sociais, tamén son voluntarias e se queredes podedes enviarme fotos dos vosos resultados ao correo para que as compartamos con todos os compañeiros! Seguide atentos que esta semana teremos receitas!! Unha aperta Mates: realizar as páxinas 150, 151, 154 e 155. A tabla do 6 xa a tiñades posta por María, recordade aprendelas de memoria e tamén de xeito salteado, podedes escribilas, decilas en alto, seguro que coa axuda dalgún adulto será máis entretenido. Para practicar coas monedas e billetes, por qué non montades unha tenda na casa? Xa que fa...
Comentarios
Publicar un comentario