Despedida

Queridos nenos, nenas, familias.
Hoxe é o noso último día "xuntos". Nunca pensei ter que despedirme solo con palabras, non entendo a vida sen as mostras de afecto, sen as apertas. Aquí remata o noso camiño xuntos, pero isto non é unha despedida de verdade, porque sei que poderei desfrutar das vosas risas aínda que sea no patio.
Non quería rematar este curso sen darvos as GRAZAS, así en maiúsculas, por remar sempre a favor, por poñelo todo da vosa parte, por entender sempre as mil circunstancias que ten a vida, e xa nin que decir desta situación que nos removeu a todos. 
Aprendín tanto de vós, os meus nenos ( porque sempre seredes un pouquiño meus), nunca pensei recibir tanto cariño e nin que decir de todo o que coidastes a Sergio dende a miña barriga. Para min quedan eses momentos nos que vos devolvía algo dese cariño con algunha patadiña.
Agora só quero dicirvos que estou orgullosa de todo o que fixestes, do fortes que sodes e do ben que levastes todo isto.
Non me esquezo das promesas, que non quedarán sen cumplir. Solo espero que desfrutedes desta nova etapa e pídovos que intentedes crecer un pouquiño máis despacio, para non perdervos de vista tan pronto (nisto estou segura de que papá e mamá están dacordo conmigo).
Grazas, de corazón, polas risas, polos enfados, polas reconciliacións, pola aprendizaxe... 
Espero que sempre vos acordedes un pouquiño de min, pois todos levades un trociño meu.
Ata sempre meus lerchiños!!
Quérovos!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Tarta de queixo

SNAPPET

Coulant de chocolate!