Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

AVISO IMPORTANTE: AVALIACIÓN!!

INSTALAR ABALAR MÓBIL Durante esta semana, os mestres estamos a facer a avaliación. Tal e como se recolle nas instrucións da Consellería, avaliaremos os contidos e traballos realizados ata o parón das clases no centro educativo. Para que as familias poidades ver os boletíns dos vosos fillos e fillas, deberedes instalar a aplicación ABALAR MÓBIL , da que dispoñedes un titorial na páxina web do CEIP O COTO. Nesta aplicación, a partir do 3 de abril, poderedes ver as calificacións. Se alguén ten algún problema para ver as notas ou non pode descargar a aplicación, enviádeme un correo a  2aocoto@gmail.com  e enviaréivolas mediante correo electrónico. Un saúdo.                                    María Balado
Imagen
                                                        MÁIS CARTAS! Cómo estades? Espero que ben. Hoxe escribíronnos os nosos compañeiros María e Alex, que nos contan canto están traballando e como se están divirtindo estes días. Gracias Alex e María por escribirnos e contarnos  o que estades a facer durante este tempo; xa vemos que estades a traballar e a xogar moito. Seguide así! Un bico enorme . 😍😍 CARTA DE MARÍA CARTA DE ALEX
Imagen
AS CARTAS DOS NOSOS COMPIS!! Hoxe tráiovos as cartas que nos escribiron Gael e Sofía, onde nos contan como están pasando estes días. Moitas gracias chicos por contarnos o que estades facendo e acordarvos de nós. Son moi chulas! Un bico moi grande!😍😍                                                                                 CARTA DE GAEL CARTA DE SOFÍA
Imagen
LENGUA Hoxe déixovos unhas fichas de lengua de repaso. REPASO DE LENGUA
Imagen
Ola a tod@s!! Hoxe déixovos por aquí unhas fichas de expresión escrita que podedes ir facendo, tamén vos poño as fichas das táboas de multiplicar do 3 e do 4 que aínda non fixéramos na clase. Unha aperta grande. LENGUA FICHAS DE EXPRESIÓN ESCRITRA MATEMÁTICAS Táboas do 3 e do 4 E como non todo vai ser traballo...Que tal se repasamos hoxe a táboa do 4 mentras cantamos, como facíamos na merenda? 
Imagen
OLA NENOS E NENAS Como estades? Quero popoñervos unha actividade para practicar a escritura, pode ser escrita a man ou a ordenador. Como estes días temos que estar na casa e non sabemos moito de todos os compañeiros, podemos escribir unha redacción ou unha carta onde lle contemos aos demais como estamos pasando estes días, que estamos facendo, se temos ganas de volver ao cole... ou calquera outra cousa que vos apeteza compartir con nós. Tamén podedes facer algún debuxo. Despois, se queredes, pedídeslle axuda a algún maior para que vos axude a enviala a      2aocoto@gmail.com  .  Segundo vaia recibindo as vosas redaccións ou cartas, ireinas colgando no blog para que todos os compañeiros e compañeiras as poidan ver. Tamén podemos deixar comentarios para dicirlles canto nos gustan! IMPORTANTE : para poder subilo ao blog é preferible que o enviedes como unha imaxe JPG ou PDF . Animádevos a escribir! 😉
Imagen
ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS E LECTURA Como ben sabedes é moi importante que todos os días leamos un pouquiño. Ademais de poder facer as lecturas do libro de texto e ler aqueles contos que tedes pola casa, hoxe déixovos por aquí este poema. POEMA DE ANIMAIS MATEMÁTICAS Tamén deixo unhas fichas de matemáticas que podedes descargar para facer algunhas delas. Lembro que todas as actividades que propoño , NON SON OBRIGATORIAS, pero si que convén que vaiamos traballando algo na casa para non esquecer o aprendido, polo que podedes facer estas ou outras actividades. Se tedes algún problema para abrilo non dubidedes en comunicarmo. FICHAS DE MATE                                           Un saudiño
Imagen
Déixovos por aquí dous vídeos sobre as características das plantas e as súas partes. A ver se vos gustan!
Imagen
Bo día clase! Aquí vos deixo os enlaces aos caderniños de   LINGUA GALEGA e  LINGUA CASTELÁ . LINGUA CASTELÁ:   https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32_U1_U101_U2 LINGUA GALEGA:    https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U32_U1_U101_U2
Imagen
Aquí vos deixo o enlace a un caderno de MATEMÁTICAS que podedes ir facendo estes días. https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32_U1_U101_U2
Bo día clase: Como xa vos dixen é moi importante que estes días repasemos o aprendido ata agora: MATEMÁTICAS: - Cálculo: sumas e restas con e sin levadas, multiplicacións sinxelas. Problemas. - Repaso das táboas de multiplicar ata o 5. Cando as saibamos ben podemos comezar cas seguintes. Dicilas tamén de maneira salteada. -  Numeración: facer ditados de números ata o 999. - Descompoñer en unidades, decenas e centenas. - Series de números LINGUA E LENGUA: - Facer as lecturas e actividades do libro de texto. - Ler tódolos días usando a voz en alto sempre que se poida, e reflexionando sobre se entendemos o que lemos. - Facer pequenos ditados. - Elaborar pequenos textos: contos, descricións, receitas de cociña... Lembrarse de poñer maiúsculas cando sexa preciso e usar os signos de puntuación. CIENCIAS DA NATUREZA: - Investigar sobre as plantas. Que tipos hai, cales son as súas partes, que funcións realizan... CIENCIA S SOCIAIS: - Investigar
Ola a tod@s. Como ben sabedes imos estar uns días sen poder acudir ao centro, polo que decidín crear este blog para poder ir colgando traballos que poden ir realizando os nenos e nenas desde a casa. Ademais de rematar os libros do 2º trimestre que enviei para a casa; é moi importante que os nenos lean tódolos días, polo que poden facer as lecturas dos libros de texto; tamén é importante  que repasen as táboas de multiplicar que aprendimos ata agora e practicar o cálculo: sumas, restas, problemas... Oxalá poidamos estar de volta pronto, mentras tanto manterémonos en contacto por aquí. Coidádevos moito! Un abrazo                                      María Balado